A Federación Galega de Baloncesto, ante a proximidade das festas do Nadal e coñecedora do bo recibimento desde tipo de iniciativas entre os afeccionados aos deportes, convoca o seu I CERTAME "O Nadal e o Baloncesto", concurso no que nos gustaría que animásedes a participar a todos os xogadores e xogadoras dos vosos clubs.

O obxectivo da primeira edición desta iniciativa é o de configurar o deseño da Postal de Nadal que a Federación Galega de Baloncesto enviará durante esas datas festivas para felicitar a todos os clubs galegos. Para participar será preciso enviar unha obra e deseño persoal que agrupe determinadas especificacións, as cales se manifestan no documento coas bases que neste mesmo correo se vos achega.

Participantes e Premios
Poderán presentar os seus deseño e traballos para este propósito todos aqueles xogadores e xogadoras federados, que pertenzan ás categorías dende Preminibasket ata Cadete, e que desexen expresar as súa afección cara a pintura ou o deseño, co BALONCESTO e máis o NADAL como motivo.
A Federación Galega de Baloncesto galardoará ao vencedor absoluto deste I CERTAME "O NADAL E O BALONCESTO" cun premio de material deportivo valorado en 120 euros. Así mesmo, o segundo clasificado recibirá un agasallo similar, no seu caso por valor de 60 euros

Bases do concurso: www.fegaba.com

Add comment


Security code
Refresh

Share This